O'Viso S.L.

Granxa Av&icaute;O'Viso, S.L.Granxa Avícola O´Viso, S.L. é unha empresa familiar, adicada a produción e comercialización de ovos dende o ano 1977.

Granxa Avícola O´Viso, S.L. conta con modernas instalacións, tanto no referente ás granxas de producción coma ó centro de clasificación e envasado; asegurando así unhas óptimas condicións para as aves, o que lle permite obter un producto de excelente calidade ademáis dun cumprimento exhaustivo da normativa europea de benestar animal.

Todas as instalacións atopanse afincadas na localidade de Dombodán, no Concello de Arzúa. Unha vila con marcado carÁcter agrario, sita no cerne de Galiza o que permite a nosa empresa unha rápida distribución do producto a calquera punto da comunidade.

Granxa Avícola O'Viso, S.L. é unha empresa que aposta polas enerxías limpas. Grazas ó apoio do Inega, Instituto Enerxético de Galicia, gran parte da enerxía consumida polas nosas instalacións, xenerase grazas á paneis fotovoltaicos.

Saber máis.

Inega

Xunta Inega Xacobeo 2021

Convocatoria de Subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de Enerxía renovables e Aforro e Eficiencia Enerxética nas Empresas de producción agrícola primaria ano 2019

Denominación do proxecto subvencionado: Instalación de paneis de enerxia fotovoltaica en Granxa Avícola O'VISO S.L.

Axuda Concedida: 16.164,40 €

Productos

Sabía que...

Aquí poderá encontrar información interesante e relevante relacionada co ovo, o seu consumo e a importancia deste nunha dieta sa e equilibrada.

Formación e estructura.

O ovo de galiña é un alimento de orixe animal cunhas propiedades nutricionais e culinarias altamente recoñecidas. Este fórmase a partir dun óvulo de galiña (a xema), que se recobre de material nutritivo e de protección (clara e casca) antes da posta. A galiña ovula cada 26 horas aproximadamente, o que significa que produce case un ovo ao día dende a súa madureza sexual (arredor das 20 semanas de vida). A galiña non necesita estar fecundada para producir ovos, e por iso nas granxas de poñedoras non hai galos.

O ovo ten unha estrutura deseñada pola natureza co fin de protexer e manter o futuro embrión ata a súa eclosión e dar lugar a un poliño. Por iso o seu contido é de gran valor nutritivo.

Máis información en: www.huevo.org.es

Composición

A composición química do ovo depende fundamentalmente da alimentación da galiña, sendo os lípidos ou fracción grasa o compoñente máis variable.

A xema é unha emulsión de graxa en auga. Este último compoñente representa un 52%; os lípidos (graxas) son o macronutriente máis abundante e supoñen un 26,5%; séguenlle as proteínas que representan un 16%; e os hidratos de carbono representan tan só un 3,6%. Outros elementos presentes na xema con minerais como o calcio, o fósforo ou o potasio e vitaminas, destacando a vitamina A

A clara está composta case nun 90% por auga. O resto son proteínas con vestixios de minerais, materia graxa, vitaminas e glicosa.

Máis información e breve descrición das funcións e beneficios para a saúde de cada un dos seus compoñentes en www.huevo.org.es

Marcado e etiquetaxe

Na trazabilidade adquiriu unha gran relevancia dende a publicación da normativa comunitaria de hixiene alimentaria. O obxectivo é poder seguir o rastro do ovo dende a súa posta ata a súa venda ao consumidor.

Para conseguilo, na Unión Europea o ovo vai marcado na casca cun código distintivo da granxa de produción. Nel indícase o sistema de cría das galiñas e o país, cidade e granxa de procedencia.

No envase dos ovos que chegan ao mercado inclúense outros datos obrigatorios, como o centro de embalaxe, a data de consumo preferente, o peso, e a explicación do código imprimido en cada ovo por exemplo.

Máis información en: www.huevo.org.es

Ovo e saúde

O ovo é un ingrediente básico na alimentación. Posúe un alto contido en nutrientes como proteínas, vitaminas, minerais e aminoácidos esenciais, que son aqueles, que o noso o organismo non fabrica por si só e polo tanto deben ser achegados na dieta.

O ovo ten colesterol entre os seus compoñentes, porque este é necesario para a vida e o desenvolvemento do futuro embrión. No pasado a crenza de que o colesterol da dieta era causa de incremento do colesterol en sangue orixinou recomendacións xeneralizadas de redución do consumo de ovos, que hoxe xa non se xustifican con argumentos científicos.

Para saber máis: O mito do colesterol · O ovo e a alimentación saudable.

Ovo e cociña

O ovo é un ingrediente básico na cociña, non só pola súa versatilidade e polo sabor característico que achega ós alimentos. Ten ademais outras propiedades polas que é moi apreciado.

O ovo ofrece múltiples formas de cociñalo, polo que pode aparecer nunha gran variedade de presentacións. Isto fai que sexa aceptado pola maioría dos consumidores, especialmente os nenos.

O ovo debe conservar a súa frescura dende o momento da compra ata o seu consumo, por iso recoméndase mantelo no frigorífico.

Para saber máis: Consellos de manipulación do ovo no seu fogar.

Distribuidores

Se está interesado en ser distribuidor dos nosos productos, pode utilizar o seguinte formulario para poñerse en contacto connosco.
Se desexa adquirir os nosos productos e non sabe onde atoparnos, por favor, escríbanos. Estaremos encantandos de facilitarlle os nosos puntos de venta máis cercanos.

Contacto

Se desexa solicitar máis información, realizar algunha consulta ou suxestión, pode utilizar o seguinte formulario, ou poñerse en contacto connosco dirixíndose a:

Granxa Avícola O'Viso, S.l.
Lugar A Pena, s/n - Dombodán
15819 - Arzúa
A Coruña

Tel/Fax: (+34) 981 500 626
avicolaoviso@avicolaoviso.es

GPS: 42.871915, -8.205307

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real Decreto-lei 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información